A Mostra do Posible é un evento que pretende divulgar o traballo dos Movementos Sociais e das entidades da Economía Social e Solidaria. Trátase dun encontro para visibilizar os colectivos, organizacións e empresas que están desenvolvendo alternativas reais nas que apoiarse para construír entre tod@s un mundo máis xusto. Nesta II edición quérese incidir especialmente en iniciativas que están a traballar no medio rural e as que pulan pola creación dun Mercado Social en Galicia.

Van a estar cooperativas socias da unión como : Nosa Enerxía, Artigo 14, Cidadanía, Feitoría Verde…, proxectos de finanzas éticas como Fiare Galicia, organizacións como a Rede de Economía Social e Solidaria Galicia (da que EspazoCoop forma parte), e proxectos como Ben Mercado…, todas elas participando en presentacións, charlas, mesas redondas e as distintas actividades programadas e nos stands, unha boa mostra do posible dende o campo cooperativo, a economía social e solidaria, e as finanzas éticas.

Será os días sábado 6 e domingo 7 de outubro en Xardíns do Señal – Alameda nova de Cangas do Morrazo.

II Mostra do Posible : web – facebook