EspazoCoop está participando nas xornadas de traballo para a posta en marcha da REDE LOCAL DE EMPRENDEMENTO do Concello de A Coruña, nelas participan representantes de 25 entidades.
A través destas sesións de traballo con axentes sociais e dinamizadores do emprego en A Coruña preténdese:
- Obter unha descrición e coñecemento axeitado dos grupos de usuarios/as, acadando unha comprensión profunda das súas necesidades e desexos, e mesmo obter unha definición clara do “foco creativo” no que soportar a ideación colaborativa.
- Identificar un abano de ideas que potencialmente poidan dar resposta aos retos identificados e unha priorización das que se consideren de maior valor.
- Deseñar conxuntamente e en consecuencia solucións en forma de programas e itinerarios de acción.
As xornadas empregan un método de traballo colaborativo, utilizando como ferramenta o Design Thinking, enfocada a fomentar a xeración de ideas innovadoras centradas nas persoas, entender e dar solución ás necesidades reais das persoas usuarias, integrando ademais a participación dos diversos equipos multidisciplinares das entidades presentes nestas xornadas. Preténdese tamén buscar o consenso, a cohesión e o aliñamento de todos os axentes implicados.
Esta acción é unha aposta do Concello de A Coruña por facilitar o impulso do emprendemento innovador e emerxente basado e sustentado nas redes. A vindeira cita para continuar cos traballos será o xoves 16 de novembro.
Imaxes da primeira xornada de traballo o 2 de novembro 2017.