Desde a Confederación Empresarial Española da Economía Social, CEPES, informan que está á venda o CUPÓN da ONCE adicado aos 25 anos de CEPES, sendo o sorteo o sábado 4 de novembro.

O cupón foi presentado esta semana por Rafael de Lorenzo, secretario xeral da ONCE  e Pedro Muñoz, Vicepresidente de CEPES, acompañados polo equipo de CEPES. Con este cupón, a ONCE apoia, unha vez máis á economía social española, baixo o lema ECONOMÍA SOCIAL Empresas competitivas, sostibles e comprometidas co emprego.

A Confederación Empresarial Española de Economía Social nace en 1992, ten ámbito estatal, e é unha plataforma de diálogo institucional cos poderes públicos. Integra a 26 organizacións, entre elas, a ONCE, a súa Fundación e ILUNION. CEPES representa os intereses de Cooperativas, Sociedades Laborais, Mutualidades, Empresas de Inserción, Centros Especiais de Emprego, Cofradías de Pescadores(as) e Asociacións do Sector da Diversidade Funcional, con máis de 200 estruturas de apoio a nivel autonómico.

Os principios que orientan ás empresas de Economía Social en España son a primacía das persoas e do fin social sobre o capital; a aplicación dos resultados obtidos da actividade económica principalmente en función do traballo aportado e servizo ou actividade realizada polas socias e socios ou polos seus membros e, no seu caso, ao fin social obxecto da entidade; a promoción da solidariedade interna e coa sociedade que favoreza, entre outras cousas, o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, ou a inserción de persoas en risco de exclusión social; así como a independencia respecto de os poderes públicos.

Son 43.059 as entidades da Economía Social, das que 7.134 son asociacións do sector da diversidade funcional. Contan con 2.225.362 empregos directos e indirectos, dos cales 73.620 traballadores(as) con diversidade funcional.

A empresa de Economía Social é un claro exemplo de como a racionalidade e o progreso social son compatibles, de como a eficiencia empresarial pode convivir coa responsabilidade social. De como outra forma de facer empresa é posible. Para máis información: www.cepes.es.

O cupón da ONCE ofrece, as fins de semana, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un só cupón do número e serie premiados na primeira extracción. Ademais, premios de 2.000 euros ao mes durante 10 anos consecutivos, aos catro cupóns dos números e serie premiados nalgunha das extraccións da segunda á quinta. 54 premios de 20.000 euros ás cinco cifras do número premiado na primeira extracción. E premios de 400, 200, 30, catro e dous euros.

Os produtos da ONCE comercialízanse polos máis de 20.000 axentes vendedores da ONCE. Grazas ao Terminal Punto de Venda (TPV), a clientela pode elixir o número que máis lle guste. Ademais, pódense adquirir a través da web de xogos da ONCE www.juegosonce.es.

*ESPAZOCOOP está integrada nas organizacións COCETA, UECoE, e REAS, que á súa vez fan parte de CEPES.