ENÉRXICA ONLINE

A nosa socia a cooperativa ENÉRXICA, Centro de Adestramento, pásase ás clases telemáticas para seguir coa súa actividade e evitar que as usuarias perdan a práctica deportiva con motivo da pandemia. A crise pola covid19 está acelerando que distintas actividades empresariais teñan que adaptarse á situación e ofrecer servizos online. Enérxica nolo conta:

Clases na plataforma WHEREBY. Clases en Streaming interactivas entre persoas participantes e persoal técnico. Non tes que descargar ningunha aplicación. De luns a venres en horario de mañá e de tarde. De unha a cinco sesións semanais, podes combinar disciplinas.
Que facemos? adestramento, pilates, boxeo…
Onde? Https://enerxicaactividadefisica.whereby.com
Solicita a túa sesión chamando ou enviando mensaxe por whatsapp no: 605 208 379

Impartidas por:

Francisco de Asís Usero Bárcena
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
Instrutor de Pilates Matwork /Reformer/Máquina.
Nº Colexiado 53424

Adrián Formoso Graña
Técnico superior en Actividades Físico Deportivas
Especialista en deportes de loita.

Boxeo: Https://enerxicaactividadefisica.whereby.com/boxeo

É coñecido como o deporte de contacto por excelencia. Realizaremos un traballo das facetas menos coñecida, a faceta coordinativa ( membros superiores e inferiores) , e a faceta lúdica.
Técnica, esquivas, desprazamentos, combinacións de golpes, exercicios de sombras.
Entre os seus moitos beneficios mellora a resistencia física e cardiovascular, tonifica todo o corpo, queimas calorías, incrementa a masa ósea, mellora o ánimo , sube a autoestima.

Pilates: Https://enerxicaactividadefisica.whereby.com/pilates

Método de acondicionamento físico xeral onde se mistura o movemento coa respiración . O Pilates centra a súa práctica no fortalecemento do CORE. Mellora a postura corporal , as capacidades físicas de forza, resistencia e flexibilidade e as capacidades motrices, coordinación, equilibrio e axilidade .
Entre so seus beneficios están o fortalecemento abdominal e lumbar para a diminución da dor de costas, a alongación dos músculos , aumento do rango de movemento, redución dos niveis de estrés e tensionais , mellora da eficiencia respiratoria tan importante nestes momentos .

Adestramento: Https://enerxicaactividadefisica.whereby.com/enerxica-actividade-fisica

Actividade física con sesións orientadas a traballar o corpo de maneira integral. Traballo das cualidades físicas básicas, forza, velocidade, resistencia e flexibilidade , mediante exercicios xerais e multiarticulares, adaptando o exercicio ó nivel das persoas usuarias con progresións (aumento de intensidade ) e regresións ( diminución de intensidade ). Usando o corpo como unha ferramenta de adestramento.
Beneficios: mellora as cualidades físicas , mellora o estado xeral de forma, melloras a nivel cardiovascular e respiratorio, é dicir unha mellora da saúde en xeral tanto física como mental.