Do 16 ao 21 de abril desenvolverase Compostela Gastronómica: Festival da cociña galega, unha cita para produtores/as, cociñeiros/as, periodistas gastronómicos e público en xeral.

O Consello Galego de Cooperativas pon a disposición das cooperativas do eido agroalimentario varios espazos na nave 5 do Mercado de abastos, equipados para poder preparar e dar a degustar os seus produtos, a profesionais e visitantes.

Ademais poderán participar no encontro de networking de produtores/as galegos/as e profesionais dos sectores de alimentación, gastronomía e restauración de Galicia, que terá lugar o día 20 de abril de 17 a 19 h.

O Consello Galego de Cooperativas trata con esta acción de dar apoio á presenza dos produtos cooperativos, especialmente para as cooperativas que queiran ser protagonistas do mesmo.

Para máis información e reserva de espazo na nave 5 contactar en :

Telf. 639 894 812 –  E-mail: info@compostelagastronomica.es . Prazo de solicitudes: 9 de abril de 2015

Fai clic e descarga :

Carta oficial da convocatoria

– Dossier Workshop Compostela Gastronómica