A cooperativa Culturactiva organiza unha nova edición de Formaclown, do 11 ao 18 de agosto en Vilagarcía de Arousa.
Nesta iniciativa ofertan cinco obradoiros de clown, maxia e circo de 8 horas cada un, co(a)s mellores profesores/as:
1) Humor para torpes (a cargo de Joan Estrader), venres 12
2) Que é o clown? (a cargo de Laura Mandarina) , sábado 13
3) Introdución á máxia cómica (a cargo de Pablo Muñoz), domingo 14
4) Zancos: animación e movemento (a cargo de Vanessa Rivas), luns 15
5) Bufón: en busca da túa identidade cómica (a cargo de Leo Bassi), mércores 17
Prazo de inscrición aberto até o 5 de agosto. Prazas limitadas. De cubrirse o cupo antes desa data, a organización resérvase o dereito a pechar o prazo.
Envía un correo co teu nome e apelidos, teléfono e correo electrónico e os obradoiros nos que desexas participar a info@festiclown.org.
Telf. de contacto: (0034) 981 582 836.