Teleformación 2020 | Oferta de cursos de EspazoCoop, inicio en Febreiro

A Unión de Cooperativas ESPAZO COOP pon en marcha a súa oferta de cursos na modalidade de TELEFORMACIÓN, e TELEFORMACIÓN MIXTA, de carácter gratuíto e no marco da programación de actividades da Rede Eusumo para o ano 2020.

Esta programación está dirixida a :

>> Socias e socios de cooperativas

>> Persoas asalariadas de cooperativas

>> Persoas socias e traballadoras noutras entidades de economía social

>> Público interesado en xeral

Os primeiros cursos darán inicio en Febreiro, aínda que ofertaranse progresivamente máis accións formativas ata o mes de Abril.

A INSCRICIÓN está ABERTA para as seguintes actividades formativas:

 

>>> MODALIDADE TELEFORMACIÓN:

Formación a través de internet. Deberá dispor dun ordeador con conexión a internet.

Iniciación á Cooperativa de Traballo | Do 4 ao 25 de Febreiro de 2020 | 40 h. |

Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición

 

Responsabilidade Social Empresarial nas Cooperativas | Do 4 ao 25 de Febreiro de 2020 | 40 h. |

Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición

>>> MODALIDADE TELEFORMACIÓN MIXTA :

Unha parte da formación é teleformación a través de internet , e outra parte é formación presencial (2 sesións). Deberá dispór dun ordeador con conexión a internet.

Asembleas e Reunións – A Coruña | Do 12 de Febreiro ao 18 de Marzo de 2020 | 40 h. |

Fai clic: Programa  | Cartel |  Inscrición 

 


 

*Estas actividades formativas foron presentadas ante a Consellería do Mar para a súa inclusión no Catálogo de Actividades Formativas do baremo no marisqueo a pé, a vara e recursos específicos, e son baremables.

* Convoca e organiza: ESPAZO COOP Unión de Cooperativas Galegas.

* As accións formativas enmárcanse no programa de actuación 2020 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.