Cuestionario ‘Cooperación ao Desenvolvemento’ e Cooperativas

 

Informamos que CEPES (Confederación Española da Economía Social) vai a elaborar, co apoio do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación un novo informe sobre a experiencia da economía social na cooperación ao desenvolvemento para dar continuidade e actualizar os informes de CEPES de 2011, 2014 e 2017. En dito Informe e conforme ás experiencias dos xa publicados, as Cooperativas veñen amosando ter unha amplia experiencia e presenza ao estar desenvolvendo actuacións diversas no ámbito da Cooperación ao Desenvolvemento.

Por elo, solicitan poder “captar” as actividades que as cooperativas socias de EspazoCoop e outras estén desenvolvendo.

A través das respostas das diferentes entidades da Economía Social, revalorizarase o peso das empresas de Economía Social así como a súa contribución á Axenda 2030, a través da Cooperación ao Desenvolvemento.

Aquí tendes o enlace para a cumprimentación do cuestionario en liña

https://goo.gl/forms/JKu8OjhwAp003jnB3

O prazo máximo para responder a este cuestionario é o 15 de ABRIL.

Gracias de antemán pola atención e o interese das participantes.