A Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA) lanzou unha campaña publicitaria para acercar a xuventude ás cooperativas de traballo asociado, unha fórmula que pode axudar á xuventude, o sector máis golpeado pola crise, a conquerir un emprego estable e de calidade.

A campaña inclúe unha serie de publicidades en diferentes xornais rexionais e nas páxinas salmón do xornal El País. Tamén levouse a cabo unha cuña publicitaria, que saliu en diferentes espazos da cadea Kiss FM, especializada nun público xoven.

Ademais, a revista Alternativas Económicas sacará, co número de xaneiro, unha separata especial da campaña, e se realizaron varios vídeos, que saen nas redes sociais Twitter e Facebook, algúns dos cales xa se publicitaron e poden verse aquí :

O Presidente de Coceta, Juan Antonio Pedreño, expresou que “A deficitaria situación económica pola que viu atravesando España durante os últimos anos, afectou de xeito significativo á xuventude, coas tasas de desemprego máis altas da Unión Europea”, (Alternativas Económicas). “Pero hai alternativas. A Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven plantex unha serie de medidas para a creación de emprego para a mocidade e as cooperativas de traballo asociado son unha ferramienta fundamental de apoio a esta Estratexia”.
Leer a nova completa aquí
Fonte: Empresaytrabajo.coop – Coceta)