Catálogo 2021

-actividades e servizos-

As entidades representativas xogamos un papel esencial na consolidación e apoio do cooperativismo. Así a Unión de Cooperativas EspazoCoop desenvolve e colabora en estratexias e programas que reforcen o cooperativismo e especialmente ás súas cooperativas socias.

Actuamos como axente de intermediación, entre as administracións públicas, o tecido socioeconómico e as persoas interesadas, co obxetivo de mellorar a visibilidade e o impacto que ten o cooperativismo na sociedade, apoiar e acompañar ás cooperativas socias na súa consolidación e evolución, prestar soporte na creación de novas cooperativas, e promover e difundir o cooperativismo entre a sociedade.

Con eses fins presentamos a través deste Catálogo distintas actividades e servizos programados neste ano:

Fai clicCATÁLOGO  2021

Se tes interese en participar nas propostas que ofrecemos, ou necesitas máis información, non dubides en contactar con nós:

  • A Coruña | Travesía de San José 10, Ent. A – 15002 | 881 887 456
  • Santiago de Compostela | Hórreo 104, baixo, esquerda – 15701 | 981 57 55 78
  • Vigo | Taboada Leal 15, entreplanta – 36203 | 986 866 149