Dende a Fundación Érguete – Integración veñen de lanzar o Boletín para o Emprego nº 1 de Marzo de 2015, que realizan para o Grupo Incorpora Galicia e empresas colaboradoras, no que se inclúe información de interese para o mundo empresarial, sobre todo a efectos de convocatorias de subvencións, axudas, documentos de relevancia e actividades realizadas polo Grupo Incorpora.

Fai clic : Boletín “Información para o emprego: Incorpora Galicia, 1 : marzo 2015 “

A finais do pasado ano UGACOTA asinou un Convenio de colaboración co Programa Incorpora Galicia, polo que ademáis da información do Boletín lembrarvos que :

O persoal Técnico do Grupo Incorpora están a disposición das cooperativas socias de Ugacota para calquera dúbida ou axuda que poidades precisar na integración laboral. Para acadar o contacto na Fundación Érguete – Integración, será facilitado a través da Unión.

O Boletín realízase periódicamente, polo que haberá próximas publicacións. Agardamos vos resulte unha ferramenta útil, é o fin que perseguen.

Preme aquí para ver a nova sobre a sinatura do convenio de Ugacota para o Programa Incorpora, con Érguete e “la Caixa”.