| Asemblea Xeral Extraordinaria |
3 de Novembro 2021

1ª convocatoria 16.00 h.  | 2ª convocatoria 16.30 h.
Edificio CERSIA EMPRESA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol. Barrio de San Lázaro. Santiago de Compostela

Asemblea co obxetivo de presentar e aprobar o PLAN ESTRATÉXICO 2022-2025, e de incorporar a visión e as propostas das cooperativas socias na definición do PLAN OPERATIVO ANUAL 2022 da Unión.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebramos unha Asemblea Xeral Extraordinaria no edificio de Cersia Empresa en Santiago de Compostela, o mércores 3 de Novembro.

Convocamos a tódalas cooperativas socias para que asistan á Asemblea prevista, co fin de participar nos temas a tratar, e acadar os obxetivos que nos marcamos para esta cita coa base social da Unión de Cooperativas.

Contaremos cun convidado especial, Luis Miguel Jurado, presidente da Confederación estatal de cooperativas de traballo asociado (Coceta), entidade da que somos membro. Luis Miguel vai a acompañarnos durante a sesión asemblearia para saudar ás cooperativas de EspazoCoop e coñecer de primeira man aspectos e dinámicas das organizacións territoriais do movemento cooperativo.

  • Os documentos de consulta e traballo para esta Asemblea (Plan Estratéxico 2022-2025 e anexos) están a disposición neste enlace (introduce a clave habitual para socias, ou contacta con nós).
  • A Convocatoria da Asemblea pódese consultar neste enlace

Para CONFIRMAR ASISTENCIA fai click aquí. A hora prevista de finalización da Asemblea é as 18.30 horas.

Estaremos encantadas/os de recibir ás socias e encontrarnos en persoa!