Un dos fins das asociacións de cooperativas é impulsar o cooperativismo, por elo, entre os servizos que ofrecen as unións de cooperativas como a nosa está prestar asesoramento a grupos de persoas que promoven a creación de proxectos cooperativos.

O acompañamento nestes procesos é fundamental, guiar e facilitar a maduración das ideas e a análise da viabilidade do proxecto tanto a nivel económico como societario e cooperativo, ou mesmo a axuda nos trámites administrativos de constitución, é un apoio moi importante para eses primeiros tempos das cooperativas que nacen.

Recentemente na Unión estivemos realizando un proceso de asesoramento e titorización á primeira cooperativa xuvenil de traballo asociado, cuxas persoas socias proveñen integramente do Programa de Garantía Xuvenil. Chegan a nós despois de participar nunha actividade de difusión do cooperativismo e a economía social organizada pola Área de Emprego do Concello da Coruña, polo que constatamos a importancia de traballar e colaborar en rede para impulsar e apoiar a creación de cooperativas. Trátase da Peluquería Nueva Era, S. Coop. Galega Xuvenil Rede social de Peluquería Nueva Era S. Coop. Galega.

Foto: Tino Gago, asesor de Ugacota, xunto ás persoas socias de Peluquería Nueva Era, na sede da unión en Coruña