Accións formativas para cooperativistas e traballadoras | Programación de Coceta 2020

 

Desde a Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) -organización da que EspazoCoop fai parte- achegámosvos o formulario de preinscrición para as accións formativas enmarcadas no convenio de formación estatal para persoas ocupadas para o ano 2020 de COCETA, expediente F181678AA.

Trátase de cursos subvencionados (sen custos) para cooperativistas e traballadoras de empresas de economía social prioritariamente. Desde o formulario poderás realizar a preinscrición nas accións formativas on line seguintes (datas por determinar):

Cursos con matrícula aberta:

  • Xestión de Cooperativas de Traballo (64 h)
  • Réxime económico fiscal da Cooperativa (30 h)
  • Acreditación docente para teleformación: formador/a online (60 h)
  • Contabilidade para cooperativas (75 h)

Programa dos Cursos, neste enlace

Ligazón ao formulario de preinscrición: https://forms.gle/1wMoG9t8L9ZBGc2m8

É importante que os datos facilitados na inscrición sexan reais para facilitar as labores administrativas e documentais que esixe este tipo de formación.

Información e consultas:

TAGEN ATA s. coop. galega : 881 939 142 | ivan@tagenata.com

Información actualizada sobre datas e cursos: https://aula.formacionenrede.net/coceta20

———-

Cursos con Matrícula Pechada:

  • Iniciación á Cooperativa de Traballo (34 h)
  • Comercio electrónico (40 h)
  • Habilidades sociais: comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo (20 h)
  • Xestión de cooperativas de venta ambulante (50 h)
  • Plan de xestión das cooperativas (15 h)
  • Dirección de empresas de economía social (40 h)
  • Perfil e funcións do xestor de comunidades virtuais (80h)
  • Responsabilidade social corporativa (30 h)
  • Emprendemento social (30 h)

Promove:

Coa colaboración de: