A cooperativa Seragro organiza os días 8 e 9 de novembro as 16ª Xornadas Técnicas de Vacún de Leite na Facultade de Veterinaria de Lugo, este ano baixo o lema ‘Unha gandería de precisión para as novas demandas’.

Hai programadas charlas e mesas redondas ao redor de distintos temas de interese sobre gandería e explotacións gandeiras:

As novas tecnoloxías no manexo das explotacións; Tratamento intelixente da auga; Datos de podoloxía segundo as tecnoloxías; A utilización da tecnoloxía no muxido; A xestión máis específica; A resistencia ao antibióticos; Os xurros en Galicia; A política agraria común; Impacto da economía nas coxeiras e no benestar animal; Nutrición; Eficiencia nos establos leiteiros; ou Mortalidade das vacas.

A asistencia á mesma é libre e gratuíta e os temas serán abordados por profesionais da cooperativa Seragro, da Universidade e da Administración.

Consulta o Programa aquí

Seragro é unha cooperativa formada por especialistas en servizos técnicos nos campos da alimentación, a calidade do leite, podoloxía, reprodución e xestión técnico – económica en gandeirías.