A cooperativa FabSpace busca entidades interesadas en compartir espazos en Vigo

FabSpace, socia da Unión de Cooperativas, achéganos unha proposta para compartir espazos de traballo entre cooperativas e organizacións da economía social na cidade de Vigo, unha proposta asociada tamén á filosofía do coworking e o traballo colaborativo.
“Fabspace quere empezar o ano 2019 coa apertura dun novo espazo cooperativo de traballo: Contamos cunha nave para traballos de taller e almacenaxe, na cidade de Vigo, na alameda de Bouzas, un espazo moi cercano na cidade, con moitas posibilidades se o teu negocio necesita estar localizado en Vigo ou ter un posto compartindo. Os gastos están en 125 €/mes por posto de oficina, tamén disponible espazo de almacen e taller de traballo.”
>> As organizacións interesadas poden contactar con Marco Durán (FabSpace s. coop. galega) – Telf. 691 92 50 76

 

Imaxes dos espazos propostos dende a Cooperativa FabSpace       

 

FabSpace é unha cooperativa enfocada no fomento de novas tecnoloxías, tratan de minorizar a chamada fenda dixital, tanto para profesionais como para estudiantes e entusiastas. Realizan talleres de electrónica, deseño 3D, etc., charlas, café labs, ou workshops con orixe na filosofía do Movemento Makers e as Fab Labs.

Os novos espazos colaborativos máis alá dos coworkings ou centros de negocios son os FabLabs, espazos Maker ou Hackspaces. Espazos onde a Filosofía colaborativa está presente en todas as súas actividades. Así, as persoas poden compartir desde mesa de traballo, maquinaria de fabricación dixital, comedor ou a cociña ata as salas de networking.

Fabspace son unha cooperativa de traballo sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo (Pontevedra).