O vindeiro 30 de maio celebrarase, no Obelisco da Coruña, o mercado cooperativo no que as 14 cooperativas integradas por alumnas/os de dez centros educativos participantes nesta edición do proxecto Semente venderán os seus produtos.
Esta será a oitava edición do Proxecto Semente, que promove o Concello da Coruña e no que este ano UGACOTA ven de participar encargándose da impartición dos módulos formativos ao alumnado participante dos distintos colexios. Dende novembro de 2014 impartíronse 4 sesións formativas e cada un dos colexios participantes.
UGACOTA tamén estará presente no mercado cooperativo, no stand institucional que compartirá co Concello da Coruña. O Proxecto Semente é unha iniciativa que pretende inculcar e fomentar nos nenos e nenas o seu espíritu emprendedor e os valores do cooperativismo para experimentar a forza que da a unión. Este mercado será un bo reflexo das habilidades emprendedoras, de traballo en equipo e de venda dos e das cativas participantes no programa.
Mais información: Programa Semente