Coñece Coop57, servizos financeiros éticos e solidarios
Coop57 é unha cooperativa que presta servizos financeiros éticos e solidarios que opera dende os principios da banca ética e os principios do movemento cooperativo.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e algunhas cooperativas asociadas son socias desta iniciativa que destaca por destinar os recursos que consegue a conceder préstamos económicos a proxectos da economía social e do cooperativismo.
Podes facerte socia colaboradora (e aforrar en Coop57 para apoiar o financiamento a proxectos de economía social) ou facerte socia de servizos se eres unha organización da economía social (tendo así acceso aos distintos servizos financeiros desta cooperativa).
Se queres coñecer este proxecto aquí tes unha presentación: Presentación Coop57
Páxina web: https://coop57.coop/gl
Facebook Coop57 Galicia: neste enlace
En Galicia existe unha sección territorial, co seguinte contacto: galicia@coop57.coop – Antón Insua.