Convoca: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Obxeto: promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.
Beneficiarios:
as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016:
- Subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente en Galicia.
- Subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.
- Subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.
- Subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma. Beneficiarios: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo: 31/08/16
Fai clic: Subvencións ás actividades de distribución das industrias culturais