A Xunta de Galicia, lanza a iniciativa “Responsabilízate”, un programa gratuíto que pode ser de interese para as cooperativas asociadas a UGACOTA, e outras.
A través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, impúlsase a iniciativa Responsabilízate, un programa de tutela en materia de RSE (responsabilidade social empresarial) para pequenas e medianas empresas. É totalmente gratuíto e inclúe desde a diagnose do potencial da empresa e a formación ata a implantación do plan de RSE.
Aínda estades a tempo de participar no PROGRAMA RESPONSABILÍZATE, porque amplíase o prazo de solicitudes, remata o vindeiro 15 de novembro de 2016.
Pódese facer a solicitude de forma presencial ou a través da sede electrónica. Descarga as bases aquí e, para máis información, visita a web.
Nota de prensa : Aquí
Enlace a vídeo informativo: https://www.youtube.com/watch?v=SCjrLNu1Xt4