Programa de ‘Espazos Efímeros de Emprendemento (POP UP)’ | Convoca: Agaca, prazo 3/febreiro
No marco do proxecto Interreg PocTep LACES, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias – AGACA convoca o Programa de “Espazos Efímeros de Emprendemento” (Pop Up), que se van a desenvolver na Praza de Abastos de Santiago de Compostela (segundo monumento máis visitado de Santiago) en 6 sesións de fin de semana (venres e sábado ao público), coa finalidade de que, gratuitamente, participen as cooperativas e entidades da economía social e sexa unha fonte de coñecemento, innovación, modernización das estratexias de promoción dos produtos, e impulsora dos proxectos empresariais.
O Programa na fase inicial consta de Formación e Titorización para os proxectos seleccionados (máximo 36 proxectos), e posteriormente apoio na participación dos Pop Up na Praza de Abastos de Santiago durante as 6 edicións programadas dende finais de Febreiro ata principios de Xullo 2019.
>>> PRAZO! de presentación de solicitudes: Ata as 14 horas do 3 de febreiro de 2019.
A seguir podes consultar as bases da convocatoria deste Programa e acceder ao Formulario de Inscripción. Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop animamos ás cooperativas socias que reúnan as características a solicitar a participación no Pop Up.
-FORMULARIO DE INSCRICIÓN POP UP: aquí
-BASES CONVOCATORIA POP UP: aquí
*A Unión de Cooperativas EspazoCoop é socia do Proxecto LACES. Xunto as entidades: Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a UTAD – Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, a Adrave – Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave, a In.Cubo – Incubadora de Iniciativas Empresariais Inovadoras, Tec Minho, Agaca e Aesgal.