Dende VIVES PROYECTO de Acción contra el Hambre trasladan a Convocatoria do Programa de Emprendemento Social de Entidades Non Lucrativas, cuxo obxetivo é promover a posta en marcha de iniciativas de emprendemento social que posibiliten ás entidades sociais construír proxectos economicamente autosustentables e que permitan incrementar o impacto social sobre as persoas beneficiarias.

O público obxetivo do programa son persoas traballadoras ou voluntarias de:

  • Entidades sociais sen ánimo de lucro que actúen na CCAA de Galicia (fundacións, asociacións ou federacións de asociacións). Organizacións que desexen implicarse nun proceso de cambio e xeración de ideas emprendedoras e innovadoras.
  • Persoal da Administración Pública local ou rexional.
  • Persoas traballadoras de empresas de economía social e solidaria (Cooperativas, Sociedades Laborais, empresas con impacto social, empresas de inserción ou similares)

A convocatoria, que permanecerá aberta ata o 19 de Outubro de 2015, está orientada a favorecer os procesos de emprendemento das entidades, actuando nas fases clave:

  • Despertar a actitude emprendedora.
  • Apoio e acompañamento no deseño de modelos de negocio, que respondan de manera sustentable ás necesidades sociais detectadas.

Aquelas entidades interesadas deberán cumprimentar o seguinte FORMULARIO DE SOLICITUDE

Máis info:

 

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo dentro do marco do POLCD 2007-2013