O Máster en Dirección de Pemes que se imparte na Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo realiza a “CONVOCATORIA DE SOLICITUDE DE PRÁCTICAS DE EMPRESA PARA O ALUMNADO DO MÁSTER” do 14 ao 31 de xaneiro de 2013.
A duración é de 250 a 400 horas. O alumnado será a todos os efectos alumnado da Universidade de Vigo, polo que terá a asistencia sanitaria cuberta co seguro escolar, quedando eximida do pago de cotizacións ao Instituto Nacional de Seguridade Social. Igualmente calquer remuneración que a empresa pretenda conceder ao alumno/a terá a consideración de bolsa de axuda ao estudio. En todo caso e como reforzo da seguridade na súa estancia na entidade se poderá suscribir un seguro en previsión de accidentes para cubrir calquer continxencia. Ao final das prácticas a empresa realizará unha avaluación das mesmas.
Se está interesado/a, envíe un e-mail ao Colexio de Titulados/as Mercantís de Vigo (Cotme Vigo): info@cotmevigo.com cos seguintes datos:
– Nome da empresa
– Enderezo
– Lugar de traballo
– Persona de contacto
– Teléfono
– Número de alumnos/as solicitados/as
– Labores a desempeñar polo alumno/a
O Colexio é ente mediador para trasladar ao responsable das prácticas do Máster de Dirección de Pemes, que se poría en contacto para enviar os alumnos/as seleccionadas/os.
Ugacota, nos últimos tempos, ven mantendo relacións de colaboración co Cotme, en temas de interese común.