Olympe Emprende, o programa que impulsa ás emprendedoras galegas

A cooperativa galega Abeluria, xunto a Tandem Social e Wazo Coop, lanzan a III edición do Olympe Emprende, cuxo prazo de inscrición está aberto ate o 27 de novembro. O programa, que se desenvolve en Galicia e Estremadura, é un recurso completo e innovador ao servicio de mulleres emprendedoras que queren arrancar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que constituirán unha cooperativa durante o 2021-2022 en Galicia para reforzar o liderado en feminino.

O Olympe Emprende ofrecécelle ás emprendedoras, de xeito gratuíto, un itinerario de formación, sesións de intercooperación, tours de emprendemento, webinars e acompañamento estratéxico, territorial e de competencias para o impulso de ideas de negocio con impacto na comunidade. As participantes poderán optar a un premio económico de ate un máximo 3.000€ para a constitución de cooperativas.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.