Como cada ano, a Secretaría xeral de Emprego organizará os actos para a celebración do “Día do Cooperativismo” o próximo día 1 de xullo.
Co fin de acercar esta celebración a todas as cooperativas, a Subdirección xeral de Economía Social enviou unha invitación a Espazcoop Unión de Cooperativas Galegas para que a difundamos entre as nosas asociadas.
Se estades interesadas en que ese evento teña lugar na sede da vosa cooperativa, podedes facerllo saber e achegarlles unha proposta antes do próximo 11 de abril, no correo economiasocial.emprego@xunta.gal. Os custos da celebración do acto son por conta da Secretaría xeral de Emprego (salvo os gastos correntes da cooperativa colaboradora, como a auga, luz, ou limpeza).
Dende a Unión animamos ás cooperativas socias a candidatarse para a celebración do Día do Cooperativismo 2017, que sen dúbida tamén repercutiría na vosa proxección, dada a relevancia deste acto.
Para máis información, sobre as condicións que se precisarían en canto a instalacións ou sobre o desenvolvemento do acto podedes contactar con Espazocoop no telf. 981 57 55 78 ou no correo mar@espazo.coop(Mar Pernas).
Fai clic :Carta de invitación da Subdirección xeral de Economía Social.
Nuria2017-03-31T13:13:43+02:0031/03/2017|Convocatorias|Comentarios desactivados en A Subdirección xeral de Economía Social convida ás cooperativas a candidatarse para ser sede do Día do Cooperativismo 2017
Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma