A Fundación Mujeres Delegación A Coruña, convoca as Conversas entre Empresarias na Coruña e Santiago, unha actividade con periodicidade mensual que trata de ser unha ferramenta para o desenvolvemento profesional das mulleres, e que tamén pode ser de interese para as mulleres socias das cooperativas galegas.

Reuniranse mensualmente e darán espazo ás empresarias que o desexen para aportar e compartir ás súas realidades empresariais. Falaredes e compartiredes sobre as vosas empresas e as vosas experiencias, nun ambiente para aprender xuntas.

A CORUÑA:

A partir de xuño, as conversas serán o terceiro xoves de cada mes la Libraría BERBIRIANA, en horario de 19 a 21 h.

O día 18 de xuño aproveitaron para reatoparse, e falar, entre outros temas, acerca de técnicas de venda que lles funcionan. Para asistir, unicamente hai que realizar a inscrición. A próxima cita será o xoves 16 de xullo.

SANTIAGO:

Un grupo de empresarias do Círculo de Empresarias da Fundación Mujeres vai comezar coa organización en Santiago destas conversas mensuais. O lugar de celebración e a hora están pendentes de definir. Se che interesa participar, tanto na propia conversa como na súa organización, preme no enlace para saber máis.

Enlace para saber máis : Voltan as Conversas entre Empresarias

Fundación Mujeres Delegación Galicia
Avda. Monelos, 121 – 1º dra.
15009 A Coruña, A Coruña
Email: galicia@fundacionmujeres.es
TF: +34 981 294 097