Desde a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, convidan ao Foro plurirexional para a difusión de boas prácticas sobre Responsabilidade Social Empresarial do proxecto REDE TRANSREXIONAL DE IMPULSO DA RSE (Enlace web:  http://netrse.org/ ), que terá lugar o día 11 de decembro ás 9:30 horas, na biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (A Coruña), co  obxetivo de difundir boas prácticas testadas, recopiladas  e documentadas no ámbito da RSE, de cara á súa transferencia efectiva a outros territorios, tanto participantes na rede como do conxunto de España ou a Unión Europea.

Unha xornada participativa e dinámica, un grupo de pemes, pertencentes ás rexións que forman parte da rede (Navarra, Tenerife, Extremadura, Val do Minho e Galicia), exporán as súas experiencias e actuacións na materia e, ademais contarase coa presenza dunha persoa experta en RSE que exporá os retos da RSE ante a empresa internacionalizada do século XXI (Antonio Agustín autor do libro Que narices é esto da sostenibilidade?).

Os principais obxetivos que se perseguen con este evento son:

  • Motivar ás empresas para que afonden na RSE como modelo sostible, aproveitando o coñecemento de experiencias de éxito procedentes de varias comunidades autónomas.
  • Achegar coñecemento e recursos prácticos en materia de RSE.
  • Aumentar a visibilidade, difusión e promoción de experiencias RSE de interese entre as empresas galegas e o resto de rexións que integran a rede.
  • Crear e propiciar un marco para o intercambio de experiencias, estratexias e sensibilidades, vinculadas á RSE e á sostenibilidade, co obxetivo de ampliar a información exposta.

Máis información e inscricións:

–              Tlfno: 986 419 922 (extensións 2024 e 2030)

–              Correo electrónico: info@netrse.org

Fai clic na imaxe para ver o Programa:

Mailing-rse-11-12