Convocado o PERTE da Economía Social e dos Coidados 2024-2025

 

O Ministerio de Traballo e Economía Social lanza unha convocatoria de axudas para promover iniciativas que favorezan a economía social en España, o Plan Integral de Impulso á Economía Social e a Economía dos Coidados.

O PERTE ESeEC é un proxecto estratéxico orientado a impulsar o sector da Economía social, que reúne a entidades con criterios sociais e equitativos que teñen un obxectivo de benestar social, promoven o emprego comunitario e defenden os intereses dos colectivos diversos, tendo en conta valores como o respecto ao medioambiente, a cohesión social e a igualdade de xénero.

Este Plan Integral de Impulso da Economía Social PERTE, dotado con máis de 80 millóns de euros, busca estimular unha economía inclusiva, centrada nas persoas. Pretende potenciar e consolidar as alianzas entre os centros e investigación, organizacións, cooperativas e entidades que traballan na Economía Social e dos Coidados e converter a España nun referente nesta materia.

Entre as súas metas figuran fortalecer as políticas de igualdade e facilitar a conversión de compañías en crises ou con falta de substitución xeracional en empresas de Economía Social, principalmente cooperativas de traballo, ademais de mellorar a competitividade das pemes do sector.

Doutra banda, nunha sociedade cada vez máis lonxeva, outro dos propósitos do PERTE ESeEC é potenciar os sectores vinculados ao coidado das persoas e contribuír na adaptación e innovación necesaria para que se preste un servizo máis eficaz e próximo.

A convocatoria inclúe 5 programas de investimento para que aquelas empresas e organizacións interesadas presenten os seus proxectos, en función da natureza da súa actividade e do fin que persegan:

  • Programa 1: TRANSFORMA_ES. Proxectos en materia de xeración e mantemento de emprego de empresas viables que atravesen dificultades ou sen relevo xeracional actual ou previsible, mediante a súa conversión en fórmulas empresariais da Economía Social xestionada polos seus traballadores e traballadoras.
  • Programa 2: INICIATIVA_ES. Proxectos de creación e consolidación de entidades do tecido produtivo da Economía Social con carácter innovador, incidindo no relevo xeracional e no emprendemento da mocidade.
  • Programa 3: IMPULSA-TEC. Proxectos trasformadores de apoyo a la modernización tecnológica de las empresas de la Economía Social mediante la creación de plataformas digitales, la automatización de procesos y el uso de herramientas tecnológicas con el fin de mejorar el bienestar de la ciudadanía, especialmente en las zonas rurales.
  • Programa 4: ALIANZAS_ES. Proxectos de promoción de redes de cooperativas, sociedades laborais e outras fórmulas de Economía Social acompañada de medidas para ofrecer novos servizos integrais á sociedade.
  • Programa 5: SOSTIBLE_ES. Proxectos de impulso das transicións sostibles e inclusivas de empresas da Economía Social e focalizada na atención de colectivos en situación de vulnerabilidade.

Entidades beneficiarias

Entidades representativas de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción e de outras entidades da Economía Social.

Entidades da Economía Social que realicen actuacións no ámbito nacional, de acordo co que se recolle na Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social.

Agrupacións de entidades, cando cumpran o disposto no artigo 11 da Lei 38/2003, de 17 de noviembre, e no artigo 67 do Real Decreto-lei 36/2020, de 30 de decembro. Poderán formar parte destas agrupacións as entidades dos apartados 1 e 2 anteriores, xunto coas universidades, centros de investigación e as administracións das comunidades autónomas, as entidades que integran a administración local e o sector público institucional.

Convocatoria

Extracto Bases

Prazo de presentación de solicitudes: 11 de febreiro de 2024

Máis información na páxina web do Ministerio de Traballo e Economía Social neste enlace e na Landing Page do PERTE ES e EC 2024-2025.