Contratación do proxecto LACES:

Promoción da Economía Social mediante Espazos Efémeros (POP ups)

A UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP publicita o prego de condicións técnicas para a contratación, polo procedemento aberto e trámite simplificado, do servizo consistente na promoción da Economía Social mediante a organización, coordinación, dinamización e divulgación da actividade de espazos efémeros (POP up,s) encadrada dentro do PROXECTO LACES – (Expte.: 2018_001_ESPAZOCOOP) –  con financiamento europeo ao 75% do FEDER e no marco do programa Interreg V-A España-Portugal POCPET 2014-2020.

Obxecto do Contrato

O obxecto deste contrato é o de promover a Economía Social e contribuir á creación e consolidación das súas empresas mediante a prestación de servizos de organización, coordenación, dinamización e divulgación das accións encadradas dentro das actividades “Laboratorios para a creación e consolidación de empresas de economía social”.

Os obxetivos xerais que se perseguen con esta contratación son fomentar e consolidar a economía social na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal para acadar un salto cuanttatvo na súa capacidade para xerar e consolidar emprego en dita economía social.

Os obxetivos concretos da actividade “Laboratorios para a creación e consolidación de empresas de economía social” son os seguintes:

– Detectar novas ideas empresariais e novas liñas de negocio enmarcadas en proxectos de economía social.
– Reducir o período de tempo no que os novos proxectos de economía social alcanzan a súa viabilidade económica, reducindo a súa taxa de mortaldade.
– Proporcionar aos proxectos que se atopan en fase de creación ou consolidación, unha aprendizaxe que lles axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
– Facilitar que os proxectos de economía social consigan recursos para comenzar a súa actividade.

Para elo a adxudicataria desenvolverá os Espazos efémeros de emprendemento (POP UP), realizando dúas edicións dos espazos onde participarán como mínimo un total de 15 e un máximo de 20 proxectos/entidades.

Presentación de ofertas: Até o xoves 8 de novembro de 2018. As ofertas presentaranse exclusivamente por vía telématica con acuse de recibo ao correo electrónico: info@espazo.coop

Pregos de contratación:

Prego técnico POP UPs EspazoCoop

Prego administrativo POP UPs EspazoCoop

Para a execución do servizo a adxudicataria deberá levar a cabo accións de desenvolvemento da actividade “Laboratorios para a creación e consolidación de empresas de economía social”. Esta actividade busca a innovación en novas metodoloxías para acadar un salto cuantitativo na capacidade de xerar empresas de economía social e articular mecanismos que melloren a competitividade e o salto de escala das empresas de economía social existentes, favorecendo a creación de novos empregos.

Resumo informativo proxecto LACES aquí