A Xunta de Galicia, convoca o concurso de iniciativas cooperativas 2013, que premia o impulso das mellores iniciativas de proxectos empresariais organizadas baixo a fórmula cooperativa.
Poderán participar: persoas físicas pertencentes a colectivos tales como axentes de desenvolvemento local, de extensión pesqueira, de extensión agraria, técnicos e técnicas de emprego, de grupos de acción local, das oficinas de fomento cooperativo e da Rede Eusumo, das asociacións de cooperativas, das consellerías do Medio Rural e do Mar, e de Traballo e Benestar, orientadores e orientadoras educativos e laborais, así como persoas asesoras e consultoras de cooperativas.
Está aberto a todas as persoas físicas, maiores de idade e de calquera nacionalidade, impulsoras de proxectos empresariais cooperativos.
Premio único de 6.000 €.
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2013.
O DOG nº 71 de data de 12 de abril de 2013, publica a Orde onde se establecen as bases reguladoras do concurso.
Descarga : as bases reguladoras , o tríptico informativo, ou o cartel .