A Consellería de Traballo e Benestar convoca este certame que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centro educativos de Galicia, co obxeto de promover e difundir o cooperativismo. Poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo, nas seguinte modalidades:
• Alumnado de infantil e primaria: Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo
• Alumnado de educación secundaria obrigatoria: Modalidade de actividades cooperativizadas
• Alumnado e profesorado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial: Modalidade de proxectos empresariais cooperativos
O prazo de presentación de solicitudes e de traballos remata o 15 de maio de 2015.
Descarga : Bases do Certame cooperativismo no ensino 2015