As cooperativas poden candidatarse aos ‘Premios á Cooperación 2022’

Dende a Consellería de Emprego e Igualdade convócanse os Premios á Cooperación 2022.

Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas  veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.

Poderán optar a estes premios: As cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.

 

Modalidades:

Premio aos Valores Cooperativos 

Á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos, dotado con 5.000 €.

Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo Novo 

Cooperativa con antigüedade igual ou menor a 42 meses, que destacase nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais, dotado con 5.000 €.

Premio á Traxectoria Cooperativa 

Cooperativa con antigüedade maior a 42 meses, que destacase no ámbito económico e social, dotado con 5.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de abril de 2022.

Para consultar a orde completa, preme aquí.

Descarga o cartel dos premios aquí.