ODS: da estratexia ao impacto

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta un novo módulo formativo dentro do Programa Especializado de Formación Xerencial en Cooperativas , que está previsto para o mes de Novembro.  O curso desenvolveranse en modalidade tele-formación a través da plataforma da Aula virtual de EspazoCoop.

 

Esta formación é para ti?

‘ODS: da estratexia ao impacto’ é para ti se buscas coñecer que son os OBXETIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (ODS) e aplicalos e integralos nos procesos da túa cooperativa ou empresa de economía social.

Esta formación propiciará que as cooperativas asociadas a EspazoCoop e as demais empresas e organizacións participantes analicen como están contribuíndo e/ou poden contribuír á Axenda 2030, apostando polo impulso e implementación dos ODS.

Desenvolveranse os seguintes contidos :
– ¿Que son os ODS e a Axenda 2030?
– ODS como factor de competitividade
– Realidade das empresas. A COVID-19 e os ODS
– Como integrar na estratexia de negocio os ODS

Para esta formación en ODS aplicarase a ferramenta SDG Compass, unha ferramenta que axuda ás empresas a identificar os ODS prioritarios segundo o núcleo do negocio e a integralos na organización.

A docencia corre a cargo da cooperativa ALÉN S. Coop. Galega, expertas en Economía Circular e Sustantibilidade, ademais, na súa proposta formativa traen 3 convidadas expertas (como o Comité executivo do Pacto Mundial ODS), e traballan con metodoloxía dinámica e participativa na que integran exposicións teóricas, casos de éxito, mesas redondas, lecturas e análise grupal de material, obradoiros de traballo, ou visionado de vídeos.

Cando? do 8 ao 22 de novembro 2021 | Duración: 15 horas | Con 4 sesións online de aprendizaxe (2 h./sesión)

Fai click en:  Programa| Cartel | Inscrición

Cota de matrícula: Este curso conta cunha cota de matrícula. Aplicarase unha reducción no importe da mesma ás cooperativas Socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Presentámosche á cooperativa que imparte a formación

Alén S. Coop. Galega, especialistas na integración da Economía Circular e a sustentabilidade como vantaxe competitiva nas organizacións.  A Economía Circular, a través de metodoloxías e ferramentas específicas, e inspirándose nos ciclos da natureza, atopa solucións que son rexenerativas por deseño, que eliminan o concepto de residuo e mantén o valor das materias primas e produtos no tempo.

Ana Rodríguez | Enxeñeira en deseño industrial, con másters en xestión de innovación, enerxías renovables e en sustentabilidade. Conta con extensa experiencia en xestión de proxectos en innovación e deseño, formación, investigación e consultaría en RSE e sustentabilidade, especializándose en Economía Circular.

Iria Regueiro | Máster en negocios internacionais e formación en sustentabilidade, e saúde e seguridade do produto. Conta con máis de 15 anos de experiencia en compras no sector téxtil. Experta na cadea de subministro e aprovisionamento, cunha
extensa rede de contactos.

Claudia Rodríguez | Enxeñeira química cun máster en negocios europeos e un prosgrado en sustentabilidade, conta con máis de 6 anos de experiencia en retail como responsable de planificación comercial e financeira, especializada en desenvolvemento de negocio e operacións.

 



Esta actividade enmárcase nos programas:

– Programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia. Eusumo fomenta o cooperativismo e a economía social e conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

– Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) convocado por Cepes e financiado polo FSE.