Anteproxecto da Lei de Cooperativas de Galicia
Dende a Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social chéganos a comunicación e información dos traballos que se están realizando para a elaboración da nova Lei de cooperativas de Galicia, indican que: a idea é facilitar o fortalecemento e modernización do cooperativismo galego no seu conxunto, pondo o foco na capacidade desta fórmula para seguir impulsando a creación de novas iniciativas en sectores clave para o territorio, proporcionándolles maior seguridade xurídica e ferramentas máis claras e adaptadas á nova realidade socioeconómica.
Segundo a súa comunicación, preténdese, igualmente, incorporar medidas de simplificación administrativa e de reforzo da dixitalización e a profesionalización do sector para facilitar tanto a creación e posta en marcha de novas cooperativas como a xestión e consolidación das xa existentes, reforzando a súa presenza en todo o territorio galego.
Neste sentido, a Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social anuncian que: elaborado o anteproxecto da nova norma, xa se pode acceder a el na web https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0797/anteproyecto-ley-cooperativas-galicia.
Coa finalidade de promover a maior difusión posible entre o sector, envíase dito texto, para que se facilite a remisión daquelas achegas que se estimen oportunas e faciliten a súa mellora.
O prazo para a remisión destas achegas manterase aberto ata o vindeiro 29 de outubro, a través do formulario que figura no enlace sinalado anteriormente.
Anteproxecto da Lei de cooperativas de Galicia tamén neste enlace
 
			
					 
									 
	 
	 
	 
	 
	
Leave A Comment