A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social está a colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na organización dunha serie de xornadas que, baixo o título de «Cooperativismo e Xuventude», se levarán a cabo nos meses de novembro e decembro.

O mércores 19 de novembro, é a primeira desas xornadas, en Lugo, no salón de actos da Facultade de Administración de Empresas (Avda. de Afonso X o Sabio, s/n, 27002 Lugo), de 10:00 a 13:30 h.

O mércores 26 de novembro terá lugar a segunda desas xornadas, en Santiago de Compostela, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas (Avda. do Burgo, s/n, Campus Norte, 15782 Santiago de Compostela), de 10:00 a 13:30 h.

O mércores 3 de decembro, en Ourense, no Espazo Xove de Ourense, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, Ourense, de 10:00 a 13:30 h.

O mércores 10 de decembro, en Vigo, na Faculatade de Ciencias Económicas e Empresariais, Salón de Graos, no Campus As Lagoas – Marcosende, de 10:00 a 13:30 h.

A xornada está dirixida a mozos e mozas que estean a buscar un traballo, xa que poden encontrar resposta a través da fórmula cooperativa, e especialmente a estudantes de centros universitarios e alumnos/as de centros de formación profesional, centros de formación ocupacional e centros de formación secundaria de Galicia que estean a finalizar procesos educativos ou formativos e pretendan incorporarse ao mundo laboral.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electrónico ao enderezo eventos@eusumo.coop.

Fai clic : PROGRAMA – XORNADA “COOPERATIVISMO E XUVENTUDE” 19 de novembro en Lugo

Fai clic: PROGRAMA – XORNADA “COOPERATIVISMO E XUVENTUDE” 26 de novembro en Santiago de Compostela

Fai clic: PROGRAMA – XORNADA “COOPERATIVISMO E XUVENTUDE” 3 de decembro en Ourense

Fai clic: PROGRAMA – XORNADA “COOPERATIVISMO E XUVENTUDE” 10 de decembro en Vigo