Xornada do programa EspazoCoop Emprende: impulso ao cooperativismo en Galicia
Data: Venres 19 de setembro 2025
Horario: 10:00 – 14.30 h.
Lugar: Feira Pont Up Store – Pontevedra
Desde EspazoCoop comprácenos convidarvos a asistir á Xornada do programa «EspazoCoop Emprende. O teu futuro é cooperativa», no marco da Feira de Emprendemento Pont Up Store.
O próximo venres 19 de setembro en colaboración con Pont-Up Store descubrirás as oportunidades que ofrece o cooperativismo para converter as túas ideas en realidade empresarial.
O venres 19 de setembro, enmarcada dentro do programa EspazoCoop Emprende, celebrarase en colaboración con Pont Up Store unha xornada de impulso ao cooperativismo que nace coa vontade de inspirar, conectar e impulsar o emprendemento cooperativo na nosa comunidade. Queremos achegar o modelo cooperativo á xente con iniciativa, demostrando que é unha opción real, sostible e competitiva para lanzar calquera proxecto empresarial.
Esta iniciativa da Unión de Cooperativas EspazoCoop diríxese especialmente a persoas con ideas de negocio, profesionais e prescriptoras de emprego, ofrecendo ferramentas e coñecementos para transmitir de forma clara e atractiva as vantaxes do cooperativismo.
Que che ofrecemos
Ao longo desta xornada do programa fomentaremos o espírito emprendedor como vía para mellorar a empregabilidade e abriremos unha xanela práctica sobre como poñer en marcha unha cooperativa: condicións, pasos clave e recursos dispoñibles.
Ademais, compartiremos casos de éxito que poñen en valor o potencial innovador, social e económico deste modelo de empresa, así como a súa gobernanza participativa.
Programa da xornada
📅 Data: Venres 19 de setembro de 2025
🕙 Horario: De 10:00 a 14:30 horas
📍 Lugar: Aula do 1º andar do Teatro Principal de Pontevedra (entrada por Rúa don Filiberto)
Desenvolvemento
09:30 | Recepción de asistentes
10:00 | Benvida institucional
10:15 | Presentación do programa EspazoCoop Emprende
10:30 | Mesa debate “Cooperativismo e Innovación: unha aposta para o futuro” Participan: cooperativas en diferentes fases de desenvolvemento e participantes da fase semente
11:30 – 12:00 Pausa café
12:00 | Obradoiros Prácticos
- Da idea á cooperativa: pasos básicos para constituír unha cooperativa
- Modelos de negocio cooperativo: ferramentas para a sostibilidade empresarial
- Financiamento e recursos: alternativas para financiar proxectos cooperativos
Impartidos por cooperativas, persoal de EspazoCoop e especialistas en economía social
13:00 | Peche da xornada
13:05 | Petisco
13:30-14.30 Visita aos stands de Pont-Up Store para coñecer de primeira man os seus emprendementos
Para quen é esta xornada
Esta xornada está pensada para ti se es:
- Persoa con iniciativa emprendedora ou ideas de negocio
- Profesional ou prescriptora de emprego
- Mocidade interesada no cooperativismo
- Cidadanía en xeral con curiosidade polo modelo cooperativo
Como participar
A asistencia é presencial ata completar aforo.
Inscrición gratuíta: nesta ligazón
—
Sobre EspazoCoop Emprede
EspazoCoop Emprende é un proxecto que busca aumentar as competencias emprendedoras, a creación de empresas cooperativas, e garantir a supervivencia empresarial, mediante o asesoramento e o acompañamento a grupos de persoas promotoras que queiran pór en marcha novos proxectos empresariais de autoemprego.
EspazoCoop Emprende conta con financiamento do Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES, no marco do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO). Esta iniciativa ten como obxectivo aumentar as competencias emprendedoras e incrementar o número de empresas e iniciativas de autoemprego colectivo creadas baixo fórmulas de economía social, así como sentar as bases para a súa supervivencia a través de servizos de apoio e asesoramento ao emprendemento.
Leave A Comment