Webinario: O modelo da empresa cooperativa, en colaboración co Igape
O Igape en colaboración con EspazoCoop fomenta o cooperativismo e na súa programación de eventos da Oficina Económica de Galicia do mes de outubro organiza un webinario sobre cooperativas que será impartido pola Unión de Cooperativas.
A cita é o xoves, 23 de outubro, ás 13 horas, unha sesión en liña onde coñecerás as características das empresas cooperativas, as súas tipoloxías e a súa organización como fórmula para o emprendemento, a transformación empresarial ou o consumo colectivo.
Inscríbete ao evento neste enlace
Web da Oficina Económica de Galicia neste enlace
Leave A Comment