Teleformación 2019 | Oferta de cursos de EspazoCoop, 2ª edición a partir de Marzo!
A Unión de Cooperativas ESPAZO COOP continúa coa oferta de cursos nas modalidades de TELEFORMACIÓN e TELEFORMACIÓN MIXTA, teñen carácter gratuíto e están no marco da programación de actividades da Rede Eusumo para o ano 2019.
Esta programación está dirixida a :
>> Socias e socios de cooperativas
>> Persoas asalariadas de cooperativas
>> Persoas socias e traballadoras noutras entidades de economía social
>> Público interesado en xeral
As segundas edicións dos cursos darán inicio en Marzo, aínda que a programación vai a ofertar progresivamente novas accións formativas ata a súa finalización no mes de Maio.
A INSCRICIÓN está ABERTA para as seguintes actividades formativas:
>>> MODALIDADE TELEFORMACIÓN
Formación a través de internet. Deberá dispor dun ordeador con conexión a internet.
> XESTIÓN DE COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO | Do 12 de marzo ao 3 de abril de 2019 | 40 h.
Programa aquí | Cartel aquí | Inscrición aquí
> FERRAMENTAS DE FINANCIAMENTO ÉTICO E ALTERNATIVO | Do 12 de marzo ao 3 de abril de 2019 | 40 h.
Programa aquí | Cartel aquí | Inscrición aquí
—
Estas actividades foron presentadas ante a Consellería do Mar para a súa inclusión no Catálogo de Actividades Formativas do baremo no marisqueo a pé, a vara e recursos específicos, e son baremables.
Convoca e organiza: ESPAZO COOP Unión de Cooperativas Galegas.
Estas accións formativas enmárcanse no programa de actuación 2019 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.