No DOG, nº 226, publicouse o decreto polo que se crea a Rede Eusumo para fomentar o cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento. O prazo para solicitar ser entidade adherida á Rede está aberto permanentemente e a súa solicitude regúlase neste decreto.
Co impulso do Consello Galego de Cooperativas, e co apoio explícito de asociacións representativas e de fundacións de base cooperativa, a Xunta de Galicia dá forma ao empeño compartido de promover a economía social mediante a creación da Rede Eusumo.
Obxetivos da Rede: Con esta Rede pretende estenderse o labor de promoción con dous obxectivos fundamentais: por unha parte, a posta en marcha de novos proxectos cooperativos como motores de creación de emprego e, pola outra, a consolidación das empresas de economía social existentes mediante a mellora da súa competitividade, achegando información e asesoramento especializado a desempregados, cooperativistas, emprendedores e cidadanía en xeral, e prestando especial atención aos procesos de acompañamento de proxectos.
Tamén, como obxectivo da rede, está achegar aos cidadáns os diferentes recursos e infraestruturas de institucións, entidades ou organizacións con interese en adherirse á Rede.
Quen forma a Rede? : Esta Rede estará formada pola Xunta de Galicia e polas entidades colaboradoras que poñan á disposición das actividades de fomento os seus medios e recursos, e para tal efecto asinaranse convenios de colaboración entre a consellería competente en materia de traballo e as devanditas entidades.
A Rede conta con centros que teñen como finalidade a realización das actividades, especialmente a información e sensibilización do conxunto da sociedade.
– Pode consultar o Decreto premendo aquí. Correccións de erros premendo aquí.
– Pode consultar o folleto divulgativo da Rede Eusumo, premendo aquí.
– Na web da Rede tamén pode consultar quenes son actualmente as entidades colaboradoras, www.eusumo.coop