A Rede Eusumo, lanza tres módulos formativos gratuítos en liña relacionados co emprendemento e a consolidación de empresas cooperativas.
A quen vai dirixido?
A todas aquelas persoas interesadas en emprender baixo a fórmula cooperativa e ás cooperativas existentes que queiran consolidar os seus proxectos empresariais.
Duración
Cada módulo terá unha duración estimada de 20 horas, todas elas en liña.
Módulos
Módulo 1: Desenvolvendo o teu proxecto cooperativo
- Data de inicio: 16 de maio.
- Data de fin: 1 de xuño.
- Obxectivo: Este módulo recolle diversos capítulos que percorren dun xeito práctico as pautas, os recursos e os coñecementos para abordar con éxito un proxecto empresarial cooperativo.
Módulo 2: Comunica e posiciona na rede a túa cooperativa
- Data de inicio: 16 de maio.
- Data de fin: 1 de xuño.
- Obxectivo: Este módulo pretende achegarnos ás ferramentas básicas do marketing dixital, para mellorar a formación sobre conceptos de analítica web, SEO, SEM, redes sociais ou comercio electrónico, así como definir a mensaxe estratéxica da comunicación dunha cooperativa, coa finalidade de crear marca e posicionala na rede.
Módulo 3: A internacionalización das cooperativas: Saíndo aos mercados exteriores
- Data de inicio: 16 de maio.
- Data de fin: 1 de xuño.
- Obxectivo: Este módulo pretende introducir ao alumando nas características dos procesos de internacionalización e nas decisións fundamentais asociadas a eles. Por iso percorreranse distintos capítulos orientados a dar a coñecer, por exemplo, a importancia do plan de internacionalización como ferramenta necesaria para o inicio da actividade internacional dunha cooperativa; recoller os aspectos máis singulares de operativa internacional, tales como os referentes á loxística ou á definición do prezo de exportación; ou reflectir as principais diferenzas entre a mercadotecnia local e a internacional.
Inscrición
O programa formativo ten carácter gratuíto.
Podes inscribirte en cada un dos módulos ou de forma conxunta en todo o programa formativo.
Prazas limitadas a 20 persoas por módulo.
Prazo de inscrición Ata o 16 de maio.
Entregarase un diploma de acreditación de participación.
Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico en:
T. 981 55 80 08 – info@eusumo.gal