ODS: da estratexia ao impacto

 

Cada vez son máis as organizacións que están auditando a súa situación con respecto aos ODS para sentar as bases da Axenda 2030. Aquelas máis comprometidas e máis sensibilizadas con esta necesidade internacional serán as mellor posicionadas para levar a cabo melloras necesarias no modelo de xestión e nas infraestruturas actuais.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten aberto o prazo para inscribirse ao curso “Obxetivos de Desenvolvemento Sostible: da Estratexia ao Impacto que se celebra do 7 ao 21 de Febreiro 2022 en modalidade Tele-formación. O curso ofrece 15 horas de formación especializada para perfís xerenciais ou con responsabilidades na empresa. Para participar é necesario aboar o custo do importe establecido (1).

Que son os ODS e a Axenda 2030?

Os obxetivos de desenvolvemento sostible, ODS, representan principios básicos para por fin á pobreza, protexer o planeta e garantizar que tódalas persoas gocen de paz e prosperidade. Son un conxunto de 17 obxetivos mundiais relacionados cos desafíos ambientais, políticos e económicos con que se enfronta noso mundo. Puxéronse en marcha en 2016 e orientarán as políticas e o financiamento do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento ata 2030. Todos os ODS están orientados a centrar esforzos para lograr cambios positivos en beneficio das persoas e o planeta.

O noso curso: ODS da estratexia ao impacto

Por que te interesaría facer esta formación en ODS?

Os ODS son unha guía, un mapa que permite ás empresas identificar si o seu impacto social, económico e medioambiental aporta valor á sociedade, e en consecuencia afortalar a súa reputación e as súas relacións cos distintos grupos de interese.

‘ODS: da estratexia ao impacto’ é de interese para aplicar os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible nos procesos da túa cooperativa ou empresa de economía social, e para aproveitar as súas vantaxes na vosa actividade profesional e na estratexia da empresa.

Que vantaxes ten facer o curso e un plan de acción en ODS?

Contar cun plan de acción en ODS ten VANTAXES: contribúe á mellora da reputación, ao aforro de custos, incrementa a confianza da túa clientela, aumenta posibilidades de acceder a Contratos Públicos ou a novos mercados, contribúe a xerar novas alianzas con novos actores…

Esta formación que ofrece EspazoCoop propiciará que as participantes analicen como están contribuíndo ou como poden contribuír aos ODS da Axenda 2030, apostando polo seu impulso e implementación  na organización.

Existen liñas de Axudas para a promoción e implementación dos ODS, e un Observatorio impulsado por Coceta, onde a Confederación estatal de Cooperativas de Traballo conta cunha plataforma para medir o cumprimento dos ODS nas cooperativas.

Queres saber máis sobre todo esto? Apúntate ao noso curso!!  Aquí

CONTIDOS 

– ¿Que son os ODS e a Axenda 2030?
– ODS como factor de competitividade
– Realidade das empresas. A COVID-19 e os ODS
– Como integrar na estratexia de negocio os ODS

Para esta formación en ODS aplicarase a ferramenta SDG Compass, unha ferramenta que axuda ás empresas a identificar os ODS prioritarios segundo o núcleo do negocio e a integralos na organización.

DOCENCIA

A docencia corre a cargo da cooperativa Alen S. Coop. Galega, expertas en Economía Circular e Sustantibilidade, que ademais, na súa proposta formativa traen 3 convidadas expertas (do Comité executivo do Pacto Mundial ODS ou Ibone Antero de Mondragón Corporation), traballan con metodoloxía dinámica e participativa na que integran exposicións teóricas, casos de éxito, mesas redondas, lecturas e análise grupal de material, obradoiros de traballo, ou visionado de vídeos.

CANDO?

Cando? do 7 ao 21 de Febreiro 2022 | Duración: 15 horas | Con 4 sesións online de aprendizaxe (2 h./sesión)

PROGRAMA E INSCRICIÓN

Fai click en: Programa| Cartel| Inscrición

(1) Custo da formación

Para participar neste curso é preciso inscribirse e aboar unha cota. As cooperativas socias de EspazoCoop terán un custo reducido.

  • 25 € | Cooperativas socias de EspazoCoop, e cooperativas en proceso de constitución -acompañadas pola Unión e comprometidas a asociarse-.
  • 50 € | Cooperativas non socias e outras entidades da Economía Social vinculadas ás organizacións do Foro da Economía Social de Galicia, e de REAS Galicia.
  • 100 € | Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente indicadas.

Presentámosche á cooperativa que imparte a formación

Alén S. Coop. Galega, especialistas na integración da Economía Circular e a sustentabilidade como vantaxe competitiva nas organizacións.  A Economía Circular, a través de metodoloxías e ferramentas específicas, e inspirándose nos ciclos da natureza, atopa solucións que son rexenerativas por deseño, que eliminan o concepto de residuo e mantén o valor das materias primas e produtos no tempo.

Iria Regueiro | Máster en negocios internacionais e formación en sustentabilidade, e saúde e seguridade do produto. Conta con máis de 15 anos de experiencia en compras no sector téxtil. Experta na cadea de subministro e aprovisionamento, cunha extensa rede de contactos.

Claudia Rodríguez | Enxeñeira química cun máster en negocios europeos e un prosgrado en sustentabilidade, conta con máis de 6 anos de experiencia en retail como responsable de planificación comercial e financeira, especializada en desenvolvemento de negocio e operacións.

 



Esta actividade enmárcase nos programas:

– Programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia. Eusumo fomenta o cooperativismo e a economía social e conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

– Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) convocado por Cepes e financiado polo FSE.