Itinerario de Intercooperación EspazoCoop 2023

Hai motivos para Intercooperar

As cooperativas poden alcanzar un maior potencial mediante a colaboración práctica dunhas con outras, tanto no ámbito local como no internacional, no sectorial ou no intersectorial.
A “intercooperación” pódese implementar dende diversas perspectivas, e dende distintas fórmulas de organización.

Son moitas as experiencias de intercooperación que se teñen dado no mundo do cooperativismo e a economía social e solidaria (ESS), como un modo de funcionar natural, para alcanzar obxetivos comúns, solucionar necesidades compartidas, crear actividade económica en conxunto e xerar mercados sociais.

“Exerce-la Intercooperación”(*)

EspazoCoop promove un programa para impulsar procesos de intercooperación, e promocionar e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental que distingue especialmente a economía cooperativa e a cultura empresarial que poden exercer as cooperativas, sumando valor, diferenciándose doutras formas de economía competitivas e excluíntes para as persoas e a sostibilidade da vida. O programa conta co apoio da Rede Eusumo-Xunta de Galicia e o FSE (Poises, convocado por Cepes).

Obxetivos do Programa-Itinerario

Os obxetivos que se propón a Unión de Cooperativas coas actuación deste programa son:

  • Facilitar o coñecemento mutuo das empresas participantes no programa de intercooperación.
  • Descubrir temas de interese e solucións para desenvolver estratexias de cooperación.
  • Tratar asuntos susceptibles de inter-cooperativizar, para favorecer tanto a xestión empresarial e societaria (financiamento, compras conxuntas, comercialización, promoción, etc.), como a innovación cooperativa (plataformas dixitais cooperativas), ou a consolidación da actividade e do emprego.
  • Mostrar e divulgar boas prácticas de intercooperación.
  • Estimular, dinamizar e acompañar ás cooperativas e outras entidades de ESS en procesos de intercooperación.
  • Crear material de referencia sobre o exercicio da intercooperación.

A quen vai dirixido?

As  actividades do programa están destinadas a cooperativas e empresas de economía social, ás persoas dos órganos de goberno e persoal técnico con responsabilidades de xestión empresarial e societaria.

Actividades do Itinerario de Intercooperación

Para fomentar a intercooperación, tanto a nivel sectorial como intersectorial e con outras entidades da Economía Social e Solidaria (ESS) a Unión de Cooperativas EspazoCoop implementa un itinerario de intervención e actuacións, mediante a realización de:

  • Encontros temáticos de cooperativas e outras empresas e entidades de ESS en 5 sectores: CULTURA, ENSINO, ASESORÍAS, CONSUMO e TIC, e Encontros de xeración de proxectos de colaboración.
  • Acompañamento de proxectos de intercooperación.
  • Elaboración de materiais divulgativos de intercooperación, videos de boas prácticas e unha guía.

Folleto

Fai clic no seguinte enlace:  Itinerario de Intercooperación 2023

Axenda dos Encontros de cooperativas en 2023

  • Proxectos de Intercooperación | Encontro presencial en A Coruña | 15 de decembro 2022 “Espazos de Coworking para cooperativas da comarca de A Coruña”. | A Coruña.
  • Asesorías-Consultorías | Encontro en liña | Venres 24 de marzo de 2023, de 9.30 a 11.30 h. | ProgramaCartel
  • Consumo | Encontro en liña | Martes 16 de maio 2023, de 9.o0 a 11.00 h. | ProgramaCartel
  • Ensino | Encontro en liña | Martes 23 de maio 2023, de 17 a 20 h. | ProgramaCartel
  • Proxectos de Intercooperación | Encontro presencial en Santiago | 14 de xuño 2023, “A Intercooperación como panca de acceso a Fondos Europeos” | De 16 a 18 h. | Santiago de Compostela | Programa – Cartel
  • Cultura | Encontro presencial en Vigo | 14 de setembro 2023 | De 10 a 13 h. | Vigo | ProgramaCartel

  • Asesorías e Consultoras | Encontro virtual | 22 de setembro 2023 | De 9.30 a 11.30 h. | ProgramaCartel

>> Inscrición aos Encontros, preme aquí

Os proxectos de Intercooperación contarán con acompañamento

EspazoCoop prestará apoio e acompañamento aos proxectos de colaboración que xurdan durante o desenvolvemento do programa, de forma virtual ou presencial, no período de maio a setembro de 2023.

Estes procesos de titorización para impulsar os proxectos contarán cun mínimo de adicación de dez horas.

——

 

[ Actividades realizadas co apoio e no marco dos programas da  Rede Eusumo – Xunta de Galicia; e do Fondo Social Europeo, a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (Poises) convocado por Cepes ]

(*) “Exerce-la Intercooperación” foi o título dunha liña formativa dentro do Programa de Formación de Cadros de Xestión da Economía Social, impulsado pola Asociación para a Economía Social, Uvigo, a finais dos anos noventa.