Formación para persoas prescriptoras: actores no emprendemento cooperativo
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, no marco do Proxecto ES-FACTORY, Programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027, ofrece para o mes de novembro un curso destinado a persoas prescriptoras de emprego e emprendemento en Galicia.
CURSO: “IMPULSANDO UN ECOSISTEMA EMPRENDEDOR NO COOPERATIVISMO”
Modalidade teleformación | 40 horas | Do 4 ao 30 de novembro de 2025. Con 3 sesións virtuais de aprendizaxe en liña, en horario de 11:00 a 12:30 h os días 6, 18 e 27 de novembro.
Os principios e valores nos que se basea o cooperativismo e a economía social, bríndannos unha alternativa positiva e contrastada para acadar unha mellor situación de acceso ao emprego. O sector da economía social vén amosando o seu carácter contracíclico e a súa resiliencia nas crises que se teñen producido ata agora. A súa resiliencia, o seren empresas centradas nas persoas e sustentadas en principios e valores é unha garantía para a creación de tecidos económicos máis resistentes e con maior capacidade.
-
Impulsar a dinamización dun ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social galega.
-
Achegar ás persoas prescriptoras de emprendemento as especificidades, características, apoios e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social.
-
Dar a coñecer a cooperativa como ferramenta de creación de emprego inclusivo, estable e de calidade, de dinamización do tecido sociocomunitario e de fomento do equilibrio e da sostibilidade territorial.
-
Incorporar á empresa cooperativa en procesos divulgativos, formativos, de acompañamento, de elaboración de normativa e axudas para a creación de novos proxectos, das persoas prescriptoras.
Consulta o programa NESTE ENLACE
INSCRÍBETE! NESTE ENLACE
As prazas para este curso son limitadas.
CONVOCA: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop
INICIATIVA NO MARCO DO PROGRAMA:

Proxecto 0259_ES_Factory_1_E que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027.
Leave A Comment