Estás sen emprego?. Estades pensando en poñer en marcha unha actividade económica?. Por que non emprender en grupo?. Cicais pensaches en formar parte dunha cooperativa?.
UGACOTA ofrece formación para persoas en desemprego, emprendedoras, a novas cooperativas, a novos socios/as de cooperativas, e para o público interesado en xeral. Coñece as cooperativas, e anímate a participar ! .
A Unión de Cooperativas de Traballo organiza e imparte varios obradoiros gratuítos no marco da Rede Eusumo, na modalidade presencial. A súa Programación Formativa, a partir da segunda quincena de Marzo e durante o mes de Abril, terá lugar en Vilagarcía de Arousa, Ames e A Coruña, é a seguinte:
EN MARZO DE 2015 :
Na ENTIDADE ADHERIDA Á REDE EUSUMO – CÁMARA DE COMERCIO DE VILAGARCÍA DE AROUSA :
1) Obradoiro: Formación cooperativa para persoas que queren emprender
Datas: 16, 17, 18 e 19 de marzo de 2015. Horario: De 9.30 a 14.30 horas. Duración: 20 horas.
Lugar: Avda. Doutor Tourón 46, Vilagarcía de Arousa
Fai clic : Programa – Inscrición Vilagarcía de Arousa. Máis info: nuria@ugacota.coop – Telf. 986 13 65 92
2) Obradoiro: Elabora o teu plan de empresa cooperativo
Datas: 24, 25, 26 e 27 de marzo de 2015. Horario: De 10:15 a 15:15 horas. Duración: 20 horas.
Lugar: Avda. Doutor Tourón 46, Vilagarcía de Arousa
Fai clic : Programa – Inscrición Vilagarcía de Arousa . Máis info: nuria@ugacota.coop – Telf. 986 13 65 92
EN ABRIL DE 2015 :
NA ENTIDADE ADHERIDA Á REDE EUSUMO – CÁMARA DE COMERCIO DE VILAGARCÍA DE AROUSA :
1) Obradoiro: Por que non traballamos en equipo?
Datas: 6, 7, 8 e 9 de abril de 2015. Horario: De 10 a 15 horas. Duración: 20 horas.
Lugar: Avda. Doutor Tourón 46, Vilagarcía de Arousa
Fai clic : Programa – Inscrición Vilagarcía de Arousa. Máis info: nuria@ugacota.coop – Telf. 986 13 65 92
NO CENTRO DA REDE EUSUMO – FUNDACIÓN FEIRACO :
1) Obradoiro: Formación cooperativa para persoas que queren emprender
Datas: 14, 15, 16, e 17 de abril de 2015. Horario: De 9.30 a 14.30 horas. Duración: 20 horas.
Lugar: Agrón, s/n, Pontemaceira, Ames
Fai clic : Programa – Inscrición Ames . Máis info: rosaab@ugacota.coop – Telf. 981 57 55 78
NA ENTIDADE ADHERIDA Á REDE EUSUMO – UNIVERSIDADE DE A CORUÑA :
1) Obradoiro: Por que non traballamos en equipo ?
Datas: 14, 15, 16, e 17 de abril de 2015. Horario: De 9.30 a 14.30 horas. Duración: 20 horas.
Lugar: Centro Universitario de Riazor, Calle Almirante Lángara s/n (Campus Riazor) A Coruña
Fai clic : Programa – Inscrición A Coruña . Máis info: patane@ugacota.coop – Telf. 881 887 456
2) Obradoiro: Formación cooperativa para persoas que queren emprender
Datas: 20, 21, 22, e 23 de abril de 2015. Horario: De 9.30 a 14.30 horas. Duración: 20 horas.
Lugar: Centro Universitario de Riazor, Calle Almirante Lángara s/n (Campus Riazor) A Coruña
Fai clic : Programa – Inscrición A Coruña . Máis info: patane@ugacota.coop – Telf. 881 887 456
3) Obradoiro: Elabora o teu plan de empresa cooperativo
Datas: 27, 28, 29, e 30 de abril de 2015. Horario: De 9.30 a 14.30 horas. Duración: 20 horas.
Lugar: Centro Universitario de Riazor, Calle Almirante Lángara s/n (Campus Riazor) A Coruña
Fai clic : Programa – Inscrición A Coruña – Máis info: patane@ugacota.coop – Telf. 881 887 456
DE QUE TRATA CADA OBRADOIRO ? :
1) Formación cooperativa para persoas que queren emprender: Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social: o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.
2) Elabora o teu plan de empresa cooperativo: Con este curso preténdese mostrar desde un punto de vista práctivo as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. Tamén elaborar conxuntamente os distintos apartados do Plan de Empresa do noso proxecto, e avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, e o calendario de actuacións.
3) Por que non traballamos en equipo ? : Con este curso preténdese desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. · Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais. E descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.
COLABORAN : Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo – Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa – Fundación Feiraco – Universidade de A Coruña