Economía Social MEETING tratará as axudas do Instituto Enerxético de Galicia | 28/xaneiro – Santiago
O próximo luns 28 de xaneiro o Foro pola Economía Social Galega organiza unha sesión de intercooperación dentro do Programa ‘ECONOMÍA SOCIAL MEETING’, para cooperativas e as diversas organizacións que compoñen o sector da economía social en Galicia.
Será unha acción de 2 horas de duración, realizada de xeito colaborativo coas entidades do Foro: Cegasal, Aeiga, Agaca, Aesgal e EspazoCoop, co obxetivo de crear un lugar de encontro, coñecemento e colaboración.
Economía Social Meeting trata de facilitar a xeración de oportunidades de negocio e proxectos en común. Creando contextos para ofertar e demandar, xerando interaccións entre todas as organizacións participantes.
No encontro previsto para o luns 28 de xaneiro, tratarase ademais, a temática específica das liñas de axudas no ámbito da enerxía, coa participación do INEGA – Instituto Enerxético de Galicia, contaremos para a sesión cunha persoa Técnica deste organismo. Tamén darase a coñecer a opción de consumo de enerxía verde a través da cooperativa Nosa Enerxía.
Data e horario: Luns 28 de xaneiro 2019 | De 11 a 13 horas.
Lugar de celebración: Rúa Tomiño 22, baixo, Santiago de Compostela (na sede da entidade da Rede Eusumo Agaca)
PROGRAMA: aquí | CARTEL: aquí | INSCRICIÓN: aquí
CONVOCA: Unión de Cooperativas EspazoCoop || Entidades colaboradoras do Foro pola Economía Social Galega
[ Esta acción enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social ]