A Unión de Cooperativas EspazoCoop dá continuidade ao ‘Programa de Formación Especializada’ gratuíto destinado prioritariamente para as cooperativas socias, e tamén para outras cooperativas e organizacións de economía social.
Trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado, ou innovación entre outras que inicio en xuño co primeiro dos módulos ‘Ferramentas para a Innovación: design thinking’, continuando este mes de outubro coa seguinte proposta:
MÓDULO 2
DIRECCIÓN E XESTIÓN FINANCEIRA NAS COOPERATIVAS
O venres 26 de outubro e o xoves 8 de novembro en Santiago – de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 h. – Rúa Tomiño 22, entreplantas (nas instalación de Agaca) – Duración do módulo 15 h. | Programa Aquí | Inscrición aquí Cartel Aquí
Impartida por : A acción formativa será impartida e dinamizada por Antón Ínsua López, Licenciado en CC Económicas pola USC. Foi socio da cooperativa Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais na que desempeñou o posto de xerente durante máis de dezaoito anos. Ten experiencia como docente no campo dos Recursos Humanos e da Xestión Empresarial (Contabilidade e Fiscal). Ven colaborando coa banca ética a través de Coop57 Galicia (sección galega de Coop57 SCC servizos financeiros éticos e solidarios), é socio.
A súa ampla experiencia e traxectoria profesional no mundo cooperativo e da economía social tamén se nutre doutros ámbitos, como o cooperativismo de vivendas e de consumo, sendo socio fundador de Salgueiriños de Vivendas (Responsable económico) e de Salgueiriños de Consumo onde é Secretario.
Actualmente é asesor en Cooperativismo, Economía Social e Contratación Pública.
Por que facer esta formación?
1| Con esta formación mellorarás as capacidades na xestión empresarial, para aplicar nos sistemas de dirección e xestión en cooperativas, coñecerás boas prácticas, e ferramentas de utilidade.
2| Tamén se busca favorecer as relacións e o coñecemento entre as cooperativas que participen, e que esto permita establecer colaboracións futuras entre elas. É dicir, coñecerás posibles aliadas e colaboradoras.
Trataremos as funcións da xestión financeira, abordaremos as ferramentas de finanzas, falaremos de contabilidade e do seguimento da actividade. >> Programa Aquí
Para quen?
Preferentemente para cooperativas socias, persoas socias e asalariadas que están en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática do curso. Tamén outras cooperativas e organizacións.
———-
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social