Oferta formativa da Rede Xiana2 da Deputación de A Coruña (Entidade Adherida á Rede Eusumo):
O proxecto RedeXiana2 desenvolverá 3 edicións do curso “Xerente/a de Empresas de Economía Social”, nos concellos de Rianxo, San Sadurniño, e Sobrado.
Como obxectivo quérese capacitar ás persoas desempregadas emprendedoras, nas áreas xerenciais imprescindibles no desenvolemento da actividade empresarial. O curso consta de varios ámbitos de traballo.
Fai clic: Ficha informativa do curso
Dirixido a : Persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego.
O prazo para captar alumnado interesado remata o día 30 de Abril de 2015.
A acción formativa ten previsto o seu inicio no mes de Maio, ten unha duración de 116 horas a desenvolver nunha semana en horario de 9:00 a 14:30 h.
Lugares de impartición:
– San Sadurniño: Casa da Cultura, Avda. Marqués de Figueroa, 13
– Sobrado, Edificio de Usos Múltiples (Concello vello), Rúa Santiago do Campo s/n
– Rianxo, Centro Sociocultural – Auditorio, Rúa Autores da Rianxeira
As persoas interesadas neste curso, poden poñerse en contacto cun/ha técnico/a municipal do concello onde estean empadronadas, para que os/as inscriban.
Rede Xiana2 – Deputación Provincial da Coruña
Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Unión Europea
Avda. de Cadiz nº 1, 1º – 15008 – A Coruña
redexiana@dicoruna.es