Estás sen emprego?. Estades pensando en poñer en marcha unha actividade económica?, por que non emprender en grupo?. Cicais pensaches en formar parte dunha cooperativa? ou, acabas de incorporarte a unha e precisas formarte?
UGACOTA ofrece formación gratuíta a persoas en desemprego, colectivos de emprendedoras, a cooperativas de recente creación, a novos socios/as de cooperativas, e para o público interesado en xeral. Coñece as cooperativas, e anímate a participar ! .
No mes de Xullo en Pontevedra impártese un obradoiro no marco da Rede Eusumo, na modalidade presencial, cunha duración de 20 horas cada obradoiro, 5 h. cada sesión, en horario de mañá.
FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER
Do 7 ao 10 de Xullo – De 10 -15 horas.
No Centro da Rede Eusumo na Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos s/n)
Fai clic: PROGRAMA Fai clic: INSCRICIÓN
Máis información: 986 13 65 92 – nuria@ugacota.coop
De que trata o obradoiro ? : Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social: o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.
Colaboran : Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo – Deputación de Pontevedra.
[…] clic: Aquí para inscribirte ou consultar o programa (a través da web de UGACOTA […]