Fondos de recuperación, transformación e resiliencia:

Next Generation

 

O mércores 10 de Marzo ás 9.30 h. celebramos un Almorzo Cooperativo Virtual sobre os Fondos de Recuperación: Next Generation, destinado ás cooperativas socias de EspazoCoop.

Trátase dunha sesión informativa e de traballo grupal telemática sobre os Fondos Next Generation  para a recollida de Propostas de Proxectos.

Os Fondos de Recuperación, Transformación e Resiliencia, son un mecanismo excepcional de recuperación aprobado polo Consello de Europa, coñecido como Next Generation EU (Próxima Xeración UE), que ten como fin facer fronte ás consecuencias económicas e sociais da pandemia.

Estes Fondos son un apoio financeiro para os Estados membro da UE, porén nestes momentos as administracións están a traballar preparando proxectos que poidan entrar neste marco, dirixidos a restaurar o potencial de crecemento das economías, fomentar a creación de emprego trala crise e promover o crecemento sostible.

Confirmouse que a Economía Social, e polo tanto o Cooperativismo, pode participar no Plan de Recuperación do Goberno Estatal. Podes consultar:

  • Documento informativo elaborado pola Confederación Empresarial Española de Eocnomía Social (Cepes) |  Aquí

Dende EspazoCoop estamos colaborando para realizar propostas dende as entidades representativas (Foroesgal, Cepes…) e viuse convinte organizar un encontro sobre elo para que o tecido social poidades trasladar as vosas demandas, propostas de proxectos de empresas, ou necesidades de sector, para ver se somos capaces de incluílos nas grandes liñas que se vaian a presentar.


Organiza e convoca: Unión de Cooperativas EspazoCoop  

Esta actividade enmárcase na programación 2021 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.