Accións formativas de EspazoCoop

[ XULLO ]

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta a súa Programación Formativa para o mes de Xullo de 2021 ofrecendo 2 actividades.  Os cursos previstos desenvolveranse en modalidade Teleformación e Presencial, a primeira través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop e a presencial na localidade de Sada (A Coruña).

Son gratuítos, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de alumnado en cada curso.

  • Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Presencial | 20 h. | Inicio 29 de xuño (Aprazado)
  • Muller, lánzate a emprender en cooperativa | Presencial | 20 h. | Inicio 6 de xullo
  • Formación comercial: coopera, comunica e vende | Teleformación | 20 h. | Inicio 14 de xullo
  • Pílula formativa: Economía e Finanzas [Dirixir en tempos de crise] | Teleformación | 5 h. | Inicio 26 de xullo

Como é a nosa modalidade de teleformación?:

O tempo de estudo de cada curso está conformado con diferentes modalidades e obxectivos:

  • Hai unhas horas que son as sesións virtuais de aprendizaxe: con data e hora determinada, que teñen unha duración de 90 minutos, para propiciar o traballo conxunto e colaborativo entre as participantes e para presentar determinados temas.
  • Outras horas que serán as que utilices libremente como alumna/o para ler os contidos que estarán ao teu dispor na plataforma, na Aula virtual de EspazoCoop, para estudar materiais, revisar webgrafía, visionar os vídeos, realizar e enviar as tarefas que se piden no curso á persoa Titora, e revisar a súa retroalimentación.
  • Un tempo que usarás e  organizarás libremente para a participación nos Foros, Titoría coa docente e, finalmente, un tempo para a Avaliación final da formación.

Os cursos hai que completalos no marco do tempo das datas de inicio e fin indicadas para cada acción formativa.



FORMACIÓN PRESENCIAL


Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

Presencial | 29 e 30 de xuño, e 1 e 2 de xullo | 20 horas | Sada | Dentro do Programa ‘MULLER A COOPERATIVA É PARA TI’ Aprazado

Fai clic: Programa | Cartel  | Inscrición



Muller, lánzate a emprender en cooperativa

Presencial | Do 6 ao 9 de xullo | 20 horas | Sada | Dentro do Programa ‘MULLER A COOPERATIVA É PARA TI’

Fai clic:  Programa | CartelInscrición



TELEFORMACIÓN


Formación comercial: coopera, comunica e vende

| Teleformación | Do 14 de xullo ao 5 de agosto | 20 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe.

Esta formación é para ti si queres traballar máis afondo a proposta de valor da vosa cooperativa para convencer á clientela, e valorar se estamos comunicando o noso valor diferencial. Tamén aprenderás a deseñar estratexias comerciais de alto impacto perante os novos consumidores e consumidoras. E coñecerás habilidades e ferrramentas operativas para a mellora dos procesos e estratexias de comercialización das cooperativas.

Fai clic:  Programa  |  Cartel| Inscrición



Pílula formativa: Economía e Finanzas [Dirixir en tempos de crise]

| Teleformación | Do 26 de xullo ao 1 de agosto | 5 horas | 1 sesión virtual de aprendizaxe.

Esta formación é para ti si queres coñecer recursos e ferramentas que nos van axudar na reactivación e mellora da área económico – financeira da cooperativa. Achegarémonos á contabilidade e todo o que esta ferramenta nos achega para poder tomar decisións máis ponderadas na empresa. Coñeceremos as especificidades contables das cooperativas e como nos afectan a través da realización de casos prácticos.

Fai clic: Programa| Cartel | Inscrición



[ Estas actividades están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia. Tamén están no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.]